Monday 23 de September de 2024

Susana García da a benvida ao alumnado do curso de Habilidades Sociais, no Mesón do Vento


A concelleira aposta pola implicación das persoas con algún tipo de diversidade funcional, así como pola conciliación

Susana García, concelleira de Benestar Social, deulle a benvida a todas e todos os alumnos e alumnas do cursos de Habilidades Sociais. En total hai que falar dunha vintena de alumnos e alumnas, os cales aprenderán a desenvolverse por si mesmos no ámbito doméstico segundo as súas capacidades. O curso, que xa vai pola súa sétima edición, inclúe programas de estimulación e desenvolvemento interpersoal e comunicacional, entre outros, levados a cabo por unha educadora e unha coidadora social.

Na súa visita Susana García fixo pública a súa postura de “apoiar ou seguir apoiando iniciativas coma ésta, onde non só se concilia a vida familiar e laboral senón tamén a implicación activa destas persoas. Son elas quenes demostran ser un excelente exemplo de cómo o principio de participación plena pode poñerse en práctica e contribuir no desenvolvemento dunha sociedade máis inclusiva e máis xusta, na que se escoite a voz de todos e todas”, asegurou.
Entre os obexectivos deste programa, que foi recoñecido cun premio Alares, está a asimilación e aprendizaxe de coñecementos para unha maior independenza e desenvolvemento grupal. O Departamento dirixido por Susana García aposta fortemente pola integración de personas con discapacidade e pola conciliación da vida laboral e persoal. Trátase pois dunha iniciativa non só dirixida ás persoas usuarias senón tamén ós seus familiares que pasan a dispoñer de momentos de respiro ao longo do día.
Dende a Concellería de Benestar Social agárdase “seguir contribuindo a que a vida da persoa discapacitada sexa digna, participativa e se mellore e incremente a sua calidade de vida con iniciativas que promovan a toma de conciencia sobre as ganancias que se derivan da integración”, manifestou a concelleira da área.